Sesión de embarazo con Elena (1ª Parte)

Sesiones - Comentar -

Un dos acontecementos máis importantes na vida de calquera futura nai ou parella é desfrutar da espera dun bebé, e no caso de Elena e Iván, queda constancia de que así foi.

Julián D. Martínez - embarazo-ele-11.jpg

Realizadas a domicilio, estas fotografías corresponden a dúas sesións diferentes (no próximo artigo xa saberedes o porqué), levadas a cabo no penúltimo e último mes de xestación. E tanto unha como a outra foron planeadas para aproveitar a fermosa luz natural que entraba pola fiestra dunha das estancias máis acolledoras do fogar do futuro bebé.

Julián D. Martínez - embarazo-ele-1.jpg

Para lograr unha reportaxe máis completa, é boa idea introducir na escena persoas ligadas á protagonista.

Julián D. Martínez - embarazo-ele-5.jpg

Este é o caso dunha das futuras avoas, que tamén desfruta con intensidade desta fascinante etapa por tratarse, ademais, do seu primeiro neto.

Julián D. Martínez - embarazo-ele-4.jpg

Aínda que semelle o contrario, case tódalas escenas e poses están preparadas en maior o menor medida. Iso si, a manipulación realizada polo fotógrafo debe pasar totalmente inadvertida.

Julián D. Martínez - embarazo-ele-10.jpg

E se improvisamos unha pequena historia para ser contada en imaxes, xurdirán de forma natural diversas emocións, podendo realizar así as capturas máis sinceras. Ademais, con estas pequenas accións, situarse diante da cámara resulta moi doado e divertido.

Julián D. Martínez - embarazo-ele-8-9.jpg

Facendo uso da creatividade, podemos incluír no encadre algún obxecto do bebé. Así, sen necesidade de mostrar un só rostro, conseguimos igualmente unha fotografía alternativa de retrato.

Julián D. Martínez - embarazo-ele-7.jpg

Aproveitando ata o último momento a luz natural que entraba pola fiestra, chegamos xa ao remate deste artigo...

Julián D. Martínez - embarazo-ele-6.jpg

E xa sabes... Ségueme nas redes sociais para non perderte a segunda parte!

Ou, mellor aínda, pulsa en CONTACTO para reservar a túa propia sesión de embarazo!

Compartir 

Deja tu comentario
Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

7 + 4 =
Ver anterior Ver siguiente
Últimas entradas
Categorías