Sesión de parella con Noelia e Joaquín (1ª parte)

Sesiones - Comentarios -

Por fin chegamos á época estival, onde moitas parellas fan gala do seu amor durante as sesións fotográficas ó atardecer.

Julián D. Martinez Fotógrafo - noelia-joaquin-035.jpg

Para a primeira parte desta sesión Noelia e Joaquín elixiron unha solitaria praia da Illa de Arousa, desde a cal, case se pode acariciar a posta de sol.

Esa tarde o ceo estaba totalmente despexado de nubes, pero lonxe de resultar un fondo monótono, proporcionou unha atmosfera cálida e serena que envolvía á parella nunha romántica luz de verán.

Julián D. Martinez Fotógrafo - noelia-joaquin-074.jpg

En canto á vestimenta para os noivos recomendamos, sobre todo, prendas coas que se sintan cómodos. Neste caso as cores neutras quedaron ideais facendo contraste cos alaranxados tons do solpor.

Julián D. Martinez Fotógrafo - noelia-joaquin-041.jpg

Comezamos sempre con poses sinxelas e naturais que a propia parella adopta para ir entrando en situación. A partir desas primeiras tomas de contacto, imos xogando con diferentes movementos e posicións para que a sesión resulte variada e divertida.

Julián D. Martinez Fotógrafo - noelia-joaquin-023.jpg

Incluso os noivos se atreven cun romántico baile sobre a area da praia!

Julián D. Martinez Fotógrafo - noelia-joaquin-032.jpg

Nas sesións de parella, procuro evitar tanto os clásicos posados artificiais, como as miradas a cámara. Trato, en lugar diso, de que sexan eles mesmos e se esquezan completamente da presencia do fotógrafo. Logo só me preocupo de premer o botón cando salta a chispa de amor entre a parella. Isto da como resultado imaxes que significan algo para eles.

Julián D. Martinez Fotógrafo - noelia-joaquin-047.jpg

E xa para rematar as tomas na praia, e de camiño á seguinte escena, Noelia e Joaquín aproveitan o romántico paseo para relaxarse e descansar antes de facer o cambio de vestiario.

Julián D. Martinez Fotógrafo - noelia-joaquin-153.jpg

Así que se vos gustaron estas fotografías, non vos perdades, xa máis metidos na noite, a seguinte parte desta sesión de parella na Illa de Arousa!

Se tés programada a túa boda para este verán, lembra que aínda temos datas dispoñibles para o mes de Agosto.

Consulta as TARIFAS e contacta comigo para facer xa no mes de Xullo a vosa sesión de preboda!


Compartir 

* Datos obligatorios

Deja tu comentario
Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

9 + 4 =
Últimas entradas
Categorías